Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  MÁQUINAS ELÉCTRICAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 Na corrección das probas mixtas poderanse ter en conta entre outros factores:
O seguimiento das instrucións para a súa realización.
A corrección técnica dos cálculos e resultados.
A orde, limpeza e organización do material entregado.
A correcta expresión das ideas e razonamientos empregados.
70
Traballos tutelados A23 B2 B7 C1 Na corrección dos traballos tutelados poderase ter en conta entre outros factores:
O axuste as instrucións recibidas.
A calidade técnica do traballo
O manexo e a cita adecuada de fontes de información
A correcta organización e indexación.
A corrección e propiedade da linguaxe empregada.
30
 
Observacións avaliación



















A avaliación divídese en

Actividades realizadas durante o periodo lectivo (porcentaxe de cualificación 60%) distribuídas do seguinte xeito:

Actividades non recuperables:

  • Traballos tutelados: porcentaxe de cualificación 30%
Actividades recuperables:

  • Probas mixtas intermedias: porcentaxe de cualificación 30% (poden recuperarse na proba mixta final)


Proba mixta final (porcentaxe de cualificación 40%) que terá dúas oportunidades.

  • Nesta proba mixta pode recuperarse ou mellorarse a cualificación obtida nas probas mixtas intermedias.
Primeira e segunda oportunidade avalíanse da misma maneira


Condición de non presentado

Os alumnos que non realicen a proba mixta final da primeira ou da
segunda oportunidade terán a condición de non presentado, si a
cualificación que se obtendría considerando únicamente o resto de
actividades evaluadas é inferior a 5.0

Redondeo


Os cálculos dos puntos de cualificación obtidos realízanse con todas as
cifras decimales que permita o programa de cálculo empregado. A
cualificación final obtida redondéase e exprésase cunha única cifra
decimal. Así por exemplo, unha cualificación de 4,92 equivale a 4,9 e é
suspenso, mentres que unha cualificación a partir de 4,95 equivale a 5 e
é aprobado.



Dispensa académica


Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica.



Convocatoria adiantada


A cualificación que pode obterse na proba adiantada é únicamente a
correspondente á porcentaxe de cualificación correspondente ás probas
mixtas (70%). En casos xustificados poderán sumarse aos puntos obtidos
nesta proba mixta as cualificacións correspondentes a outras metologías
cursadas nos dous cursos inmediatamente anteriores.

Actividades de Avaliación Non Presenciales:


Nas actividades de avaliación non presenciales o profesor poderá
requirir a cada alumno a resposta por videoconferencia a preguntas
relacionadas cos contidos entregados. A resposta non satisfactoria ás
preguntas do profesor poderá reducir a cualificación obtida nunha
porcentaxe de ata un 80%.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes