Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Matemáticas 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B5 B6 C4 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. A proba constará de dúas partes e a nota será a suma das notas obtidas en cada unha delas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1 e 2. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame da 2ª oportunidade.
80
Traballos tutelados A1 B1 B2 B5 B6 C4 Ao longo do cuadrimestre proporanse diversos exercicios en forma de problemas. Estes exercicios serán entregados polo alumnado e avaliados. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia ás clases avaliarase coa entrega de traballos e  nas probas
mixtas nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

A avaliación na 2ª oportunidade farase seguindo os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes