Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte. Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito 3 ou 4 prácticas (dependo das circunstancias sanitarias).

• Non se admiten faltas non justificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas será puntuada sobre 10 e representará o 10 % da nota final.





10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A contribución desta proba á nota final será do 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T = 40 % da nota), unha de problemas (30 % da nota) e os exercicios entregados (30% da nota).

• A nota final de a proba será calculada como sigue:

NOTA (E1)=0.4T+0.3P+0.3E

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = 0.4T+0.3P+0.3E - 0.5

A calificaciòn indicada (21 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 30 exercicios propostos está incluída en apartado de solución de problemas (9 % do total de 24 %).





21
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A contribución desta proba á nota final será do 50 %, cinco puntos sobre dez.

• O sistema de puntuación será igual que o do apartado anterior.

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.

A calificaciòn indicada (35 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 35 exercicios propostos está incluída en apartado de solución de problemas (15 % do total de 24 %)
35
Sesión maxistral A2 B6 C5
• A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para a súa avaliación contabilizarase a realización dos test de autoavaliación dispoñibles en Moodle. Requírese un intento realizado en cada tema para lograr a máxima puntuación.


• Dado o carácter non presencial, as/os estudantes con Dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema.




10
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria. Permitiranse un máximo de 5 faltas non xustificadas ao longo do curso.

• Proporanse 65 exercicios (30+35) a resolver polos alumnos. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcinalmente comezando en 5 (80 % de exercicios ben resoltos) ata o 10 (100 % correctos)

Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.





24
Proba mixta A2 B1 B3 B6
Na proba de segunda oportunidade, o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.

(*) A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.

A valoración obtida da asistencia á teoría, prácticas de laboratorio e exercicios entregados será conservada de cara á obtención da nota final.
0
 
Observacións avaliación

A nota final da materia deducirase da ecuación: Nota = 0.1* Prácticas + 0.1*Asistencia + 0.3*E1 + 0.5*E2

A nota final para estudantes con Dispensa académica ven determinada por: Nota =0.1* Prácticas  + 0.3375*E1 + 0.5625*E2

onde:

Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio.
Asistencia representa o número de asistencias do alumno/ total
E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
E2 representa a nota da proba obxectiva final

Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría.
Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado, indicándoo.


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade (exame de xuño/xullo) son os mesmos que para as outras probas obxectivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes