Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte.

• Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito 4 prácticas.

• Non se admiten faltas non xustificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas será puntuada sobre 10 e representará o 10 % da nota final.





10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A contribución desta proba á nota final será de tres puntos, o 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T con 1.2 puntos, máximo), unha de problemas (P con 0.9 puntos, máximo) e os exercicios entregados (E con 0.9 puntos, máximo).

• A nota final de a proba será calculada como sigue:

NOTA (E1)=T + P + E

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = T+ P + E - 0.5






21
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A contribución desta proba á nota final será de cinco puntos, o 50 % da nota final.

• O sistema de puntuación seguirá as mesmas proporcións que no apartado anterior: T con 2 puntos máximo, P con 1.5 puntos máximo e E con 1.5 puntos máximo. Entón,

NOTA (E2)=T + P + E

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias ás titorías a NOTA(E2) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E2) = T+ P + E - 0.5

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.
35
Sesión maxistral A2 B6 C5
• A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para a súa avaliación contabilizarase a realización dos test de autoavaliación dispoñibles en Moodle. Requírese un intento realizado en cada tema para lograr a máxima puntuación.


• Dado o carácter non presencial, as/os estudantes con Dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema.




10
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.

• Proporanse 65 exercicios (30+35) para resolver. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcionalmente aos exercicios ben resoltos.

Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.

• Os problemas da primeira parte (30) punturanse a partir de 24 correctos. A nota comezará en 4 (sobre 10) e irase sumando 1 punto por cada exercicio correcto, ata chegar a 30.

• Os problemas da segunda parte (35) puntuaranse a partir de 28 correctos. A nota comezará en 3 (sobre 10) e irase sumando 1 punto con cada exercicio correcto, ata chegar a 35.





24
 
Observacións avaliación
Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade (exame de xuño/xullo) son os mesmos que para as outras probas obxectivas.

  • Na proba de segunda oportunidade, o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.

  • A valoración obtida da asistencia á teoría, prácticas de laboratorio e
    exercicios entregados que non sexan avaliados será conservada de cara á
    obtención da nota final.

  • A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.

  • Realizarase coincidindo coa data do exame de segunda oportuniadade aprobada en Xunta de Centro.


A nota final da materia deducirase da ecuación: Nota = Prácticas +  Asistencia + E1 + E2

onde:

Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio, sobre 1.
Asistencia representa a nota asistencia á teoría, sobre 1 (**)
E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
E2 representa a nota da proba obxectiva final

(**) Para estudantes con dispensa académica empregarase a participación na resolución dos test de teoría.

Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría.
Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado, indicándoo.


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes