Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte.

• Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito as prácticas que se indiquen.

• Non se admiten faltas non xustificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas representará o 10 % da nota final.





10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá unha proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A proba estará en galego e en castelán.

• A contribución desta proba á nota final será de tres puntos como máximo, o 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T con 1.2 puntos, máximo) e unha de problemas (P con 1 punto, máximo) . Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H1.

• A nota final da proba será calculada como sigue: NOTA (E1)=T + P + H1

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = T+ P + H1 - 0.5






22
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá unha proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A proba estará en galego e en castelán.

• A contribución desta proba á nota final será de seis puntos como máximo, o 60 % da nota final.

• O sistema de puntuación seguirá as mesmas proporcións que no apartado anterior: T con 2.4 puntos máximo e P con 2 puntos máximo. Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H2. Entón,

NOTA (E2)=T + P + H2

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias ás titorías a NOTA(E2) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E2) = T+ P + H2 - 0.5

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.
44
Sesión maxistral A2 B6 C5 • A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para o seu estudo disporase de varios test de autoavaliación de cada tema na plataforma do Campus Virtual.


• As/os estudantes con Dispensa académica tamén disporán dos test de autoavaliación de cada tema.




0
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.

• Proporanse 60 exercicios (30+30) para resolver. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcionalmente aos exercicios ben resoltos.

Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.

• Os problemas da primeira parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H1 comezará en 0.32 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 0.8 puntos (por 30 problemas correctos ).

• Os problemas da segunda parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H2 comezará en 0.64 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 1.6 puntos (por 30 problemas correctos ).




24
 
Observacións avaliación

A nota final da materia virá dada pola ecuación: Nota = Prácticas  + E1 + E2

onde:

  • Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio,
  • E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
  • E2 representa a nota da proba obxectiva final

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias son os mesmos que para as outras probas obxectivas.

  • Nestas probas o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.
  • A proba estará en galego e en castelán.

  • A valoracións obtidas nas prácticas de laboratorio e
    nos exercicios entregados  serán conservadas de cara á
    obtención da nota final.

  • A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.

  • Realizarase na data aprobada en Xunta de Centro.


Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría.
Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado, indicándoo.


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes