Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Expresión gráfica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, xunto coa adquisición de coñecementos básicos que permitan actuar con criterio, é imprescindible a exercitación persoal. Esta non pode ser substituída, nin o tempo necesario para adquirir a destreza pode ser acurtado. Por iso é necesario respectar o tempo programado para esta actividade. De feito, o número de horas que se indica é o mínimo que se considera imprescindible. Dada a importancia da orde e a continuidade no traballo, pódese consultar co profesor o enfoque e distribución do tempo dispoñible.

Aínda cando o que se indica acontinuación correspóndese cos criterios de comportamento e actitude ante os asuntos expostos por parte dos profesores encargados desta docencia durante todos os anos nos que impartimos este curso, por imperativo legal vémonos obrigados a especificar en concreto o seguinte: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

· Realizarase a través do campus virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

· En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

Ademais:

· Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

· Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

· Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

· Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.

· Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a      un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes