Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C6 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos e a elaboración dos informes de laboratorio. 5
Proba mixta A4 B1 B2 B5 B6 Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 puntos.
70
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Realizaranse periódicamente probas curtas en grupo mediano para avaliar a evolución do alumno. 15
Traballos tutelados A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C6 Realización de tres actividades dirixidas.
Capacidade do alumno para resolver situacións problemáticas concretas e participar nas clases.
Interese e actitude do alumno.
10
 
Observacións avaliación

- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.

- Para poder presentarse os exames, @s alumn@s teñen que ter feitas todas as prácticas de laboratorio.
- Para aprobar a asignatura @s alumn@s deberán realizar todas as prácticas de laboratorio.
- Aquel@s alumn@s que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores, poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, mant eráselles a cualificación obtida no seu momento.
- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados mantense no exame correspondente á 2ª oportunidade.
- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro.
- No caso d@s alumn@s que soliciten matrícula a tempo parcial, han de saber que non se acepta dispensa nesta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes