Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Física 2 Código 730G05006
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Profesorado
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os principios da Termodinámica para unha primeira aplicación aos procesos que teñen lugar nas máquinas térmicas máis sinxelas. Coñecer os fenómenos fundamentais da electricidade e do magnetismo e a súa relevancia para asignaturas futuras de maior compoñente técnica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral (adaptándoa a modalidade on-line) - Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line) - Proba mixta (on-line) *Metodoloxías docentes que se modifican - Prácticas de laboratorio (as prácticas no laboratorio serán substituídas por unhas prácticas de laboratorio en versión on-line, consistentes na visualización de vídeos da realización das prácticas e posterior resolución de cuestionarios relacionados cos mesmos) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar titorías virtuais. - Moodle: Semanalmente. Dáselles aos/as alumnos/as unha guía da materia a estudar na devandita semana. Cada semana, coincidindo cos días das anteriores clases presenciais, proporcionarase ao alumnado as diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. A solución dos problemas darase á semana seguinte. Empregarase tamén, a demanda do alumnado, como canal de comunicación para calquera dúbida relacionada coa asignatura. - Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación - Solución de problemas (30%): están previstas tres probas de solución de problemas. Aquelas que non se realizaron presencialmente, realizaranse virtualmente a través de Moodle. - Prácticas de laboratorio (10%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas por prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos das practicas de laboratorio). -Proba mixta (60%): a proba mixta será realizada on-line a través do Moodle *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas observacións que figuran na guía docente, tendo en conta o seguinte: - Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistira na realización dunha proba mixta con cualificación de 60%, mais valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificación do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. A proba e a entrega de traballos realizarase a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Comunicarase aos/as alumnos/as o emprego de bibliografia dispoñible na plataforma e-libro, a que eles teñen acceso. Ademais, os materiais de traballo que se necesitan para preparar a materia estarán dispoñibles no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes