Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B3 B5 C4 C4 C5 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia

60
Prácticas de laboratorio B3 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio. Valorarase a compresión do traballo de laboratorio. As practicas son obligatorias para aprobala asignatura. 10
Solución de problemas B3 B5 C1 C2 Como parte da evaluación continua plantearanse ós alumnos durante o curso tres test/ probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a . 30
 
Observacións avaliación
  • A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os alumnos que xa estiveran matriculados na asignatura e realizasen as prácticas de laboratorio
    no curso anterior, poderán optar en realizalas novamente ou non
    realizalas, solicitalo, e conservar a puntuación do curso anterior.
  • Para o alumnado con recoñecemento de dedicacion a
    tempo parcial e despensa academica de exención de asistencia, a avaliacion
    consistira na realizacion dunha proba mixta escrita coa cualificacion do 60%, mais
    valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificacion do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. 
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e da convocatoria adiantada son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supoñendo igualmente o 10% da cualificación, manterase tamén a puntuación obtida na solución de problemas, pero supoñendo soamente o 15% da cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba mixta.
  • Os alumnos con calificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de '0' na proba ou actividade en cuestión.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes