Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Debuxo naval
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión gráfica/730G05003
Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e prácticas. A realización das prácticas é obrigatoria e non se avaliará a proba obxectiva sen a realización correcta das mesmas.

Aínda cando o que se indica a continuación correspóndese cos criterios de comportamento e actitude ante os asuntos expostos por parte dos profesores encargados desta docencia durante todos os anos nos que impartimos este curso,  por imperativo legal vémonos obrigados a especificar en concreto o seguinte: ?Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: ?Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social? do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

·       Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

·       Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

·       En caso de ser necesario realizalos en papel:

                  -     Non se empregarán plásticos

                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.

                 -      Empregarase papel reciclado.

                 -      Evitarase a impresión de borradores.

Ademais:

·        Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

·    Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais

·        Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

·        Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.

·        Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes