Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Ecuacións diferenciais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 B3 B5 B6 C4 C7 ver observacións 80
Traballos tutelados A1 B2 B3 B5 B6 Consistirá en elaborar un traballo a partir da información da que se disporá no curso Moodle da asignatura; a exposición do mesmo será en horario de tutoría ante os docentes da asignatura. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación realizase ao longo do curso e nos exames oficiais.

Probas de avaliación continua. Realizaranse dúas. Cada unha delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10 puntos. Estas notas serán denominadas NAC1 e NAC2.

Traballo tutelado. Os contidos deste traballo, anunciaranse nas primeiras semanas do curso; entregaráse a través de Moodle, e avaliarase cunha defensa durante o período lectivo da materia. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 20 puntos, será denominada NTT.

O exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NPO comprendida entre 0 e 10 puntos.

O
exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia.

Para superar a materia na primeira oportunidade deben cumprirse: 0.1xNAC1+0.2xNAC2+0.1xNTT+0.5xNPO sexa maior ou igual a 5,

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da convocatoria ordinaria da primeira oportunidade. As actividades que forman parte da avaliación continua non poden repetirse na segunda oportunidade.

O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que non participe na avaliación continua será calificado mediante unha proba mixta específica que realizará o día fixado no calendario de exames.

Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta que abarca todos os contidos da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes