Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Estatística
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Estatística Código 730G05012
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Naya Fernandez, Salvador
Correo electrónico
salvador.naya@udc.es
Profesorado
Cartelle Barros, Juan José
Naya Fernandez, Salvador
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
juan.cartelle1@udc.es
salvador.naya@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce os conceptos básicos da análise estatística de datos, desde a análise exploratoria (incluindo as principais ferramentas gráficas) ata a inferencia estatística, pasando pola introducción á probabilidade, o concepto de variable aleatoria e as ferramentas fundamentais do control estatístico da calidade, enfocando a súa docencia para a resolución de problemas prácticos en enxeñaría naval e oceánica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías: Metodoloxías docentes que se manteñen: • Prácticas a través de TIC. • Solución de problemas. • Proba mixta. Metodoloxías docentes que se modifican: 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Ferramentas: Moodle, Microsoft Teams e correo electrónico. * Temporalización: Teams utilizarase como soporte para levar a cabo as clases teóricas e practicas, ademais de servir de medio para realizar as titorías. Moodle empregarase para a publicación de contidos e avisos, e para a avaliación dos alumnos (avaliación continua e exame). O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral. 4. Modificacións na avaliación: Manteranse todas as metodoloxías e a súa ponderación na nota global: Solución de problemas (10%), consistente na entrega de exercicios; prácticas a través de TIC (30% sobre a nota global), definida pola presentación de traballos propostos polos profesores co software estatístico libre R; e a proba mixta (60%), consistente nun exame tipo test formado por entre 15 e 20 preguntas, tanto prácticas como teóricas, acerca da materia do curso (realizarase de maneira non presencial na modalidade síncrona). Observacións de avaliación: Non se modificará o peso que na avaliación final ten cada unha das metodoloxías. A nota da proba obxectiva será dun máximo de 6 puntos, mentres que a avaliación continua compoñerase da cualificación correspondente á entrega opcional de traballos relacionados coas prácticas realizadas co software estatístico R (máximo 3 puntos) e da nota correspondente á entrega de exercicios (máximo 1 punto) 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes