Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Ciencia e enxeñaría dos materiais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ciencia e enxeñaría dos materiais Código 730G05013
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos: aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Elimínanse os seguintes temas/apartados do programa inicial: Tema 12. Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais. Propiedades térmicas, eléctricas y magnéticas dos materiais. Degradación química dos materiais. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñese as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, agás as as prácticas de laboratorio que se cancelarían definitivamente. *Metodoloxías docentes que se modifican Cancélaríanse as prácticas de laboratorio pola imposibilidade de realizalas presencialmente. Os contidos das prácticas incorpóranse á sesión de problemas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle. Teams. Correo electrónico. Atención telefónica. De acordo co horario de titorías aprobado. 4. Modificacións na evaluación Metodoloxía: Proba mixta Peso na cualificación: 60% Descrición: Exames tipo test de 20-30 preguntas a través de Moodle sobre o temario de teoría con varias opcións de resposta das cales só unha é correcta. 30% do peso total na cualificación. Cuestionarios de resolución de problemas relacionados coas clases maxistrais de resolución de problemas. 30% do peso total na cualificación. Metodoloxía: Solución de problemas Peso na cualificación: 20% Descrición: Boletins de problemas relacionados coas prácticas de laboratorio. Metodoloxía: Traballos tutelados Peso na cualificación: 20% Descrición: Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará dous traballos sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais. *Observacións de avaliación: Mantéñense os mesmos criterios de notas mínimas para a proba mixta descritos no apartado de avaliación presencial para aprobar a materia. Para aprobar será necesario obter un 5 na nota global da asignatura. Os criterios de evaluación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía A webgrafía adicional atoparase na páxina Moodle correspondente á materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes