Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Automatismos. control e electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A10 A11 C1 O profesor propondrá conxuntos de problemas para resolver na casa e comentar nas clases, onde se calificarán. 20
Proba mixta A3 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 Unha exame que divide a materia en dous parciais. 50
Prácticas a través de TIC A3 A10 A11 B2 B6 C1 C4 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
20
Prácticas de laboratorio A3 A10 A11 B4 B5 C7 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 4 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.

A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, traballos tutelados, Proba mixta, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

- Que se realizaron e aprobado as Prácticas de laboratorio e ademais:

- Sacar al menos dez puntos no exame parcial da proba obxectiva e dez puntos no exame fina da proba obxectival e que a suma de ambos exames chegue al menos a 25 puntos .

-No caso de que no parcial non se alcancen os dez puntos considerase suspenso e terá que repetirse esa parte no exame final aplicándose o comentado no punto anterior.

- No caso de ter unha parte aprobada e outra suspensa na convocatoria de xuño, a parte aprobada consérvase para a oportunidade de xullo, pero non para convocatorias sucesivas.

Exemplos

Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 30 puntos. Apto na proba obxectiva

Parcial 10 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 25 puntos. Apto na proba obxectiva

Parcial 8 puntos. Ten que repetir o primeiro parcial no exame final.

Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 5 puntos. Examinase da 2ª parte en xullo

etc

Os traballos, presentacións, etc non se guardan para convocatorias sucesivas (coa excepción do laboratorio).

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación  a tempo parcial      e dispensa  académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade.

Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas adendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame.  Aparte das xa indicadas titorías periódicas (véase apartado 6),

O mesmo é aplicable para a segunda oportunidad

e.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes