Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Automatismos. control e electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 C7 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 4 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.

A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
10
Proba mixta A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 C7 Un examen parcial (previo á proba de xuño) e un examen final en xuño e na oportunidade de xullo), con contidos teóricos e exercicios. O examen parcial elimina materia para as persoas que o superen. 50
Prácticas a través de TIC A3 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 C7 Durante o curso proporanse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
20
Traballos tutelados A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 C7 O profesor propondrá conxuntos de problemas para resolver na casa e comentar nas clases, onde se calificarán. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, traballos tutelados, Proba mixta, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

- Que se realizaron e aprobaron as Prácticas de laboratorio e ademáis:

- Sacar a lo menos dez puntos no exame  parcial da proba mixta (ou na recuperación do mesmo na proba da oportunidade de xuño) e dez puntos no exame final da proba mixta, correspondente á segunda parte da asignatura e que a suma de ambos exames chegue a lo menos a 25 puntos.

-No caso de que no parcial non se alcancen os dez puntos considerase suspenso e terá que repetirse esa parte no exame final aplicándose o comentado no punto anterior.

- No caso de ter unha parte aprobada (alomenos quince puntos) e outra suspensa na convocatoria de xuño, a parte aprobada conservarase para a oportunidade de xullo, pero non para convocatorias sucesivas.

Exemplos

Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 30 puntos. Apto na proba mixta

Parcial 10 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 25 puntos. Apto na proba mixta

Parcial 8 puntos. Ten que repetir o primeiro parcial no exame final.

Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 5 puntos. Examinase da 2ª parte en xullo

Final primeira parte 10 puntos. Final segunda parte 15 puntos. Apto na proba mixta

Final primeira parte 10 puntos. Segunda parte 11 puntos. Examinase de todo en xullo

etc

Ás persoas que non cheguen ós mínimos na proba mixta , non se lles sumará a restante parte das metodoloxías  e baremaranse nas actas, con respecto á calificación máxima da proba mixta. No caso  de sumar alomenos 25 puntos (pero sin sacar alomenos 10 en cada parte), calificaranse con 4.5

etc

Os traballos, presentacións, etc non se gardan para convocatorias sucesivas (coa excepción do laboratorio).

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación a tempo parcial e dispensa  académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade.

Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas adendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame.  Aparte das xa indicadas titorías periódicas (véase apartado 6),

O mesmo é aplicable para a segunda oportunidad

Na oportunidade extraordinaria, únicamente realizarase un exame cun valor de 50 puntos, mais un exame de prácticas para aquelas persoas que non as tivesen superadas. Dito examen ten un valor de 10 puntos. 

Nos traballos tutelados, no caso de que o plaxio supere un 20% do contido total, a calificación será de 0 puntos,

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes