Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mecánica Código 730G05018
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral é o desenvolvemento das destrezas e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC) Solución de problemas (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC) Traballos tutelados (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC) Proba mixta (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC) *Metodoloxías docentes que se modifican – Non hai 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Tutorías por TEAMS semanalmente Correo electrónico: semanalmente 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: – Non hai 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes