Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B2 B4 B5 C1 É unha proba escrita que consta de 2 partes: teoría e problemas.
A proba de teoría (peso do 40% na cualificación da proba) constará de arredor de 5 cuestións de diversa amplitude sobre os contidos do programa.
A proba de problemas (peso do 60% na cualificación da proba) consistirá na resolución de 1 a 4 problemas de diverso grao de complexidade sobre os contidos do programa.
Na parte de teoría valóranse a exposición razoada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento para chegar a unha solución.
Cada parte terá unha duración aproximada de entre 1 e 2.5 horas e a proba en total terá unha duración máxima de 4 horas.

Realizaranse dúas probas parciais no curso. A primeira realizarase á metade do cuatrimestre e a segunda terá lugar ao rematar o cuatrimestre.




80
Solución de problemas A13 B2 B4 B5 B2 B4 B5 C1 C1 Propoñeranse problemas sobre os distintos contidos do programa que deberán ser resoltos de forma individual e explicados e entregados nos prazos sinalados pola profesora. 20
 
Observacións avaliación

A Cualificación final da materia será a media das cualificacións das dúas probas parciais (80% da cualificación) e a nota da resolución dos problemas propostos ( 20% da cualificación)

Quen non supere a materia na primeira oportunidade poderá
realizar unha proba final que abrangue todos os temas do programa no período da segunda oportunidade. Os criterios de avaliación serán os mesmos que na 1ª oportunidade (80% proba mixta, 20% poblemas propostos)


As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames e na
planificación do curso publicados polo centro.

Soamente se cualificará
como NON PRESENTADO/A quen non concorra a ningunha das probas parciais.

En esta materia non se contempla a Dispensa Académica

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes