Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B2 B4 B5 C1 As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40%, respectivamente do total da proba mixta.
As datas destas probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.


80
Traballos tutelados A13 B2 B4 B5 C1 O traballo será de carácter individual e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
20
 
Observacións avaliación

Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5
de artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na
universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase  en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir,
traballo tutelado 20% + proba mixta 80%. 

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación
continua polo que a cualificación  do traballo será a recibida na  1ª oportunidades e a
proba mixta consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba final no
calendario de exames do centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes