Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica de fluídos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecánica de fluídos Código 730G05019
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Sánchez Simón, María Luisa
Correo electrónico
maria.luisa.sanchez.simon@udc.es
Profesorado
López Peña, Fernando
Sánchez Simón, María Luisa
Correo electrónico
fernando.lopez.pena@udc.es
maria.luisa.sanchez.simon@udc.es
Web
Descrición xeral A mecánica de fluídos debe ser considerada como unha materia básica na formación dun enxeñeiro técnico naval. Neste curso o alumno estudará os conceptos fundamentais de cinemática e estática de fluídos, chegará a entender o significado das ecuacións de conservación tanto en forma integral como diferencial, comprenderá a necesidade e aprenderá a simplificar estas ecuacións e estudará o movemento de fluídos, a teoría da capa límite e a turbulencia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos • Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen • Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican • Prácticas de laboratorio (computan na avaliación) o A prácticas son obrigatorias e non poderán acceder á proba mixta, nin serán evaluados, quen non as realicen. o No caso de non poderse realizar as sesiones de laboratorio, estas poderanse substituír por aulas telemáticas, que terán carácter obrigatorio. o Mantense a obrigatoriedade da elaboración das memorias de prácticas e as follas de cálculo. Ao estudantado que non poida asistir ao laboratorio, se lles proporcionarán os datos que precisen para realizar as follas de cálculo e as memorias. o A memorias e as follas de cálculo entregadas fora de prazo, ou por medios distintos aos indicados consideraranse non entregadas, e as prácticas non realizadas. o A proba de avaliación das prácticas poderá ser oral. • Solución de problemas. Ver máis abaixo avaliación 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Serán telemáticos mediante as plataformas e ferramentas institucionais, entre outras, Moodle, TEAMS, ou correo electrónico. • O horario será o estabelecido para as clases presenciales e as tutorías. 4. Modificacións na avaliación • A proba mixta poderase realizar de xeito oral. Para iso, estenderíase o periodo de avaliación. • A avaliación da resolución de problemas estará condicionada polas posibilidades da comprobación de que as e os estudiantes realmente fan o traballo persoal. • De non manterse a avaliación do apartado da resolución de problemas, o peso deste apartado se engadiría ao da proba mixta, que xa esta inclúe a resolución de problemas. *Observacións de avaliación: A proba mixta poderase realizar de forma oral. Para iso estenderíase o periodo de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía • Fernando López, Peña. (2019). Mecánica de fluidos. A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-724-4. DOI https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497244 • A transparencias coa teoría están dispoñibles en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes