Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B5 C4 A realización das prácticas de laboratorio e das memorias individuáis de prácticas é obrigatoria.

Cada alumna ou alumno, deberá realizar tamén, obrigatoria e individualmente, unha memoria de cada práctica.

A nota conxunta das memorias terá que ser de 5 sobre 10 para que as prácticas estean aprobadas.

As memorias serán individuais

As memorias incompletas o fora de prazo serán consideradas como prácticas non realizadas.

As prácticas conservaranse durante os dous cursos seguintes ao de realización sempre que o alumno teña entregadas as memorias completas nos plazos marcados.
10
Proba mixta A7 B6 C4 Realizarase unha proba parcial a metade do curso, e outra proba final, na data oficial da primera oportunidade.

Cada unha das probas poderá constar de varias partes que poderán incluir cuestións de teoría, exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase, e problemas lungos.

Se a nota da proba parcial é superior a 4 sobre 10, poderase liberar a primeira parte da materia para o exame final. Neste caso, ponderaranse ambas as probas ao 50%. A liberación da materia extenderase até a proba da segunda oportunidade do mesmo ano.

No caso de que a primeira parte da materia estea liberada, para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 4 sobre 10 na nota de cada proba, e polo menos un 5 sobre 10 no promedio das notas das probas mixtas.

A proba mixta final farase coincidir co exame final, na data oficial da primera oportunidade. Nela, os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente ao parcial, examinaranse de toda a materia. Neste caso para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 sobre 10.
80
Traballos tutelados A7 B5 B6 C4 A alumna ou o alumno, voluntariamente, poderá resolver problemas facilitados pola profesora cuxa solución será discutida en titorías, e que poderá formar parte da avalidación final.

Como se trata de unha actividade voluntaria, no caso de que a alumna, ou alumno, non a realice, a procentaxe desta actividade sumarase a das probas obxetivas.
10
 
Observacións avaliación
  1. A segunda proba mixta farase coincidir co exame final, no que as alumnas e os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba mixta, examinaranse de toda a materia.
  2. Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos cos da 1º oportunidade.
  3. Aquelas alumnas ou alumnos con dispensa académica, deberán realizar:
    • As prácticas de laboratorio
    • As memorias individuais de prácticas de laboratorio
    • A proba mixta final
  • Na avaliación, os criterios e as porcentaxes son iguais en ambas oportunidades para as alumnas e os alumnos con dispensa académica.
  • Con todo, as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán, acordar coas e cos docentes da materia datas alternativas para a realización das prácticas, a entrega das memorias de prácticas, e as probas mixtas, incluíndo o parcial. Estas datas alternativas deberán estar dentro dos prazos que marca o calendario oficial. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes