Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Hidrostática e estabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A18 B2 B6 RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.

O profesor proporá un boletín de problemas de cada unha das dúas partes da asignatura, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.

A memoria dos problemas de cada unha das partes computará un 5 % na avaliación final do alumno.
10
Proba mixta A18 B6 Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en dúas partes:

1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo.

Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.

Para poder aprobar a materia haberá que obter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das dúas partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e de Problemas.

A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % do total e a de problemas o 65 % do total.

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.
70
Traballos tutelados A18 B5 C1 C7 ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.

Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.
10
Prácticas de laboratorio A18 B6 C1 REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO

Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as características do rosca do buque que se estuda.
10
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno obterase mediante a media ponderada de cada unha das tarefas anteriormente descritas, do xeito seguinte:

Cualificación final = 0.7 * Cualificación Proba Mixta +  0.1 * Práctica Laboratorio + 0.1 * Traballo Tutelado + 0.05* Boletin Problemas 1 + 0.05* Boletin Problemas 2

Onde:

Cualificación Proba Mixta = 0.5 * Cualificación Parte 1 +  0.5 * Cualificación Parte 2

Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas mixtas de cada unha das dúas partes deberá superar os 4 PUNTOS. Asimesmo, será necesario ter presentado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados e os problemas resoltos, e asistido as prácticas de laboratorio.

Para presentarse á convocatoria de primeira oportunidade, será imprescindible ter entregado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados e os problemas resoltos nas datas estipuladas polos docentes ao principio de curso. Habilitarase un plazo extraordinario de entrega para os alumnos que se presenten na segunda oportunidade.

Todos aqueles alumnos que se presenten ás convocatorias adiantadas ou
de segunda oportunidade, deberán ter entregado, durante o curso
actual, tanto os problemas, como as prácticas de
laboratorio e os traballos tutelados, cumplindo cos mismos requisitos
que os alumnos presentados na convocatoria ordinaria.

Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa

Respecto a asistencia ás prácticas de laboratorio, os alumnos con dispensa poderán acordar co profesor unha data alternativa para a realización das devanditas practicas que se adapte as súas necesidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes