Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Sistemas auxiliares do buque 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A37 B3 B6 C7 Relacionado co traballo supervisado que se fará no curso. 5
Proba mixta A33 B2 B3 C1 C7 Realización dunha proba escrita de opción múltiple que incluirá conceptos teóricos. O peso desta proba será de 4.5 puntos sobre 10 45
Saídas de campo A33 B2 B3 B6 Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. 5
Traballos tutelados A33 B2 B3 B6 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
45
 
Observacións avaliación

A
avaliación da materia basearase na realización dunha proba mixta escrita na que se
inclúen conceptos teóricos e prácticos, o peso desta proba é de 4.5 puntos
sobre 10. A solución de problemas nas clases e as saidas de campo programadas (visitas a
buques e instalacións industriais navales) valoraránse con 1 punto sobre 10. A
realización do  traballo tutelado proposto na clase
suporá 4.5 puntos sobre 10.

NOTA
IMPORTANTE - En calquera caso o alumno para aprobar o curso, debe aprobar por
separado a proba mixta e o traballo tutelado

A
segunda oportunidade e a convocatoria anticipada (decembro) avaliaranse da mesma manera que a primeira aportunidade, xa descrita con anterioridade.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente
convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.


NON SE PERMITE A DISPENSA ACADÉMICA

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes