Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Vibracións e ruídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 A puntuación asignada ao traballo tutelado dsupoñerá un máximo dun 30 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura.
30
Proba mixta A16 B2 B6 C4 C7
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 70 % da nota final do alumno.
70
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia as clases non se avalía na asignatura, os requisitos que terán que cumprir aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase , tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa. Isto ultimo será de aplicación tanto ós alumnos con dedicación a tempo parcial coma ós alumnos con dispensa académica.

Os traballos demandados polo profesor deberán ser entregados na forma e prazo requeridos. A entrega dos traballos é necesaria para superar a materia. En caso de non ser entregados na forma e prazo requeridos a materia non poderá ser superada nin na primeira nin na segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes