Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Transporte marítimo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A30 B2 B3 C1 C4 C7 Participación activa no desenrrolo dos casos 5
Proba mixta A30 B2 B3 C1 C4 C6 Contidos teorico e prácticos 90
Saídas de campo A30 B2 B3 C1 C4 C6 Participación na actividade 5
 
Observacións avaliación

 

 AVALIACIÓN

1 SISTEMA DE AVALIACIÓN Comprende o conxunto das valoracións de todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, máis a nota do exame correspondente a convocatoria de xuño. A valoración detallada por actividades será a seguinte:  A participación activa nas clases co a solucion de problemas e saídas de campo representará ata un 10 % da nota. A superación da proba mixta con contidos teóricos e prácticos suporá un 90 % da nota, ( 45 % a parte teórica e 45 % a práctica), debendo obter en cada proba (teórico e práctico) unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.  As notas de todas as actividades feitas polo alumno durante o cuadrimestre gardarase tamén para outras convocatorias.

2 CRITERIOS DE AVALIACIÓN A nota final da materia dependerá de:  Proba mixta parte teórica 45%, proba mixta parte práctica 45%.  Solución de problemas nas clases e  saídas de campo un 10%.  Considerase importante asistir a todas as clases e levar o traballo ao día, utilizando os recursos que se facilitarán a través do Campus Virtual.

3 PAUTAS PARA A MELLORA E A RECUPERACIÓN Superada a nota mínima do exame poderanse obter puntos extra pola elaboración voluntaria de traballos dirixidos adicionais.

4 A
segunda oportunidade e a convocatoria anticipada (decembro) avaliaranse da misma maneira que a primeira oportunidade, xa descrita con anterioridade.

5 A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente
convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes