Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mantemento e reparación de buques
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consiste na exposición oral dos conceptos básicos de cada tema, facendo especial fincapé naqueles puntos que son básicos para a comprensión do mesmo.
Co fin de transmitir o coñecemento e facilitar a aprendizaxe usaremos medios audiovisuais e introduciremos algunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Traballos tutelados Ao longo do curso propoñerase un traballo individual así como diversas discusións dirixidas. Estas tarefas son obrigatorias e é imprescindible a súa realización e a súa presentación pública para superar a materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia.
Os detalles de dáta/prazos dos traballos/practicas/defensas publicaranse na web (Moodle) da materia e faranse públicas nas clases presenciais.
Proba mixta Para a avaliación dos coñecementos adquiridos, realizarase unha proba obxectiva que consistirá nun exame, composto basicamente de resolución de problemas e respostas a cuestións de teoría.

Este exame dividirase en dous partes:

1.- Mantemento 2.- Reparacións Navais

A parte de Mantemento dividirase en teoría e problemas e a parte de Reparacións Navais será só de teoría.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes