Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mantemento e reparación de buques
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B6 C2 C6 C7 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos en clase.
Terase en conta:
- Estrutura do traballo.
- Calidade da documentación.
- Orixinalidade.
- Presentación.
- Exposición.
- Referencias
75
Proba mixta B2 B6 Realización dunha ou mais probas de distinto tipo na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos durante o curso 25
 
Observacións avaliación
Na 1ª oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas.
A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 4 en ningunha das metodoloxías, ademais de ter una asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%. Na 2ª oportunidade ou Alumnos con Dispensa Académica Realizarase mediante unha proba selectiva presencial que engloba os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). 
O alumnado nesta situación será avaliado mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en data aprobada na Xunta de Escola. En calquera caso é condición necesaria para
todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira como en segunda oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes