Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Procesos de fabricación e montaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 Consistentes en traballos do estudante sobre diferentes contidos tanto teóricos como prácticos (incluidos os referidos as Prácticas no laboratorio e/ou no Estaleiro). 45
Prácticas de laboratorio A31 A38 A39 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 Desenvoltas tanto no laboratorio como no Estaleiro. 5
Proba mixta A31 A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 Integra probas obxectivas e/ou solución de problemas prácticos na materia e nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio e/ou no Estaleiro. 50
 
Observacións avaliación
Na 1º oportunidade:
A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades prácticas superior ao 80%.

Na 2º oportunidade, ou nos Alumnos con Dispensa Académica ou Convocatorias extraordinarias:
Realizarase con dúas probas selectivas que engloban os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia: unha proba mixta e unha proba consistente na solución de problemas fundamentada na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio e/ou no Estaleiro. A cualificación dos módulos dos que consta cada proba realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación: non ter ningunha nota inferior a 3,5 nas mesmos. A nota final será:
( 0,6 * Proba mixta +  0,4 * Proba práctica ) / (Número de notas inferiores que 3,5 + 1)

Notas:
  • O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicarán ao comezo do curso a súa situación aos profesores da materia, segundo establece a normativa que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Art.3. b e 4.5) e as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario (Art. 3 e 8 b).
  • Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes