Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os seus coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización
  A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría
  A3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación de ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría
  A4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría
  A5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador
  A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa e o marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
  A7 Coñecemento dos conceptos fundamentais da mecánica de fluídos e da súa aplicación ás carenas de buques e artefactos, así como ás máquinas, equipos e sistemas navais
  A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección, así como para a avaliación do seu comportamento
  A9 Coñecemento da teoría de circuítos e das características das máquinas eléctricas, así como capacidade para realizar cálculos de sistemas en que interveñan os devanditos elementos
  A10 Coñecemento da teoría de automatismos e métodos de control e da súa aplicación a bordo
  A11 Coñecemento das características dos compoñentes e sistemas electrónicos e da súa aplicación a bordo
  A12 Coñecemento da elasticidade e resistencia de materiais, e capacidade para realizar cálculos de elementos sometidos a solicitudes diversas
  A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas
  A14 Coñecemento da termodinámica aplicada e da transmisión da calor
  A15 Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval
  A16 Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos
  A17 Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, así como da normativa e os medios relativos á seguridade e á protección ambiental
  A18 Capacidade para a realización de cálculos de xeometría de buques e artefactos, flotabilidade e estabilidade
  A19 Coñecemento da hidrodinámica naval aplicada
  A20 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección
  A21 Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña
  A22 Capacidade para o deseño e cálculo de estruturas navais
  A23 Capacidade para o deseño e cálculo dos espazos habitables dos buques e artefactos mariños, e dos servizos que se dispoñen nos devanditos espazos
  A24 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas propulsores, tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc.
  A25 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas auxiliares tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc.
  A26 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas eléctricos tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc.
  A27 Capacidade para a integración a bordo dos sistemas electrónicos de control e de navegación, tendo en conta o seu empacho, peso, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc.
  A28 Coñecemento dos métodos de proxecto da súa tecnoloxía específica
  A29 Coñecemento dos procesos de construción naval
  A30 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á distribución dos espazos do buque
  A31 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección
  A32 Coñecemento dos motores diésel mariños, turbinas de gas e plantas de vapor
  A33 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais
  A34 Coñecemento das máquinas eléctricas e dos sistemas eléctricos navais
  A35 Capacidade para proxectar sistemas hidráulicos e pneumáticos
  A36 Coñecemento dos métodos de proxecto dos sistemas de propulsión naval
  A37 Coñecemento dos métodos de proxecto dos sistemas auxiliares dos buques e artefactos
  A38 Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica
  A39 Coñecemento dos procesos de montaxe a bordo de máquinas, equipos e sistemas
  A40 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á selección e montaxe dos medios de carga e descarga do buque
  A41 Exercicio orixinal para realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto de natureza profesional no ámbito das tecnoloxías específicas da enxeñaría técnica naval en estruturas mariñas en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
  B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
  B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
  B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
  B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
  C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
  C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
  C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
  C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes