Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Prácticas en Empresa Optativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 C11 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudante e o/a titor/a profesional deberán presentar os seus informes ó titor/a académico, sendo esta última persona a que porá a nota do/a estudante. 100
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter entregado o proxecto formativo, o informe profesional e a memoria final de prácticas correctamente cumplimentada, con anterioridade ao inicio do período de avaliación de dita oportunidade, seguindo o "Procedemento para a xestión de prácticas externas do estudantado do centro (EPEF)".

Para calcular a nota final, valorarase fundamentalmente o informe do titor profesional: partindo dun 10, restarase 0,3 puntos por cada escalón que baixe de "Excelente" en cada criterio de avaliación. O resultado poderá modificarse en +- 0,5 puntos en función do contido da memoria final de prácticas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións contempladas na normativa vixente (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC).

Non se admite a dispensa académica. A avaliación en 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro) será igual que en 1ª oportunidade.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia será en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes