Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Intelixencia Artificial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A32 A36 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C8 Realización de exercicios en clase de prácticas sobre os contidos teóricos da materia 60
Proba obxectiva B3 B4 Exame de preguntas curtas ou test para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado nas aulas.

Esta proba poderase superar en avaliación continua con varias probas curtas en varias clases do cuadrimestre ou dunha vez na data de exame oficial
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha calificación mínima de 5
sobre 10 na suma das calificacións da proba obxectiva e as
prácticas. Para poder sumar as dúas notas deberase
obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non se obtén esta
nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.

Estudantado con matrícula a tiempo parcial e dispensa académica:



Indicar ao profesor a súa situación. A entrega dos traballos ten que realizarse nada datas establecidas
para todo o alumnado.

Segunda oportunidade e Convocatoria adiantada:

O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. En canto a nota obtida nas Prácticas manterase,
podendo subir esta nota ó facer as entregas dos traballos de prácticas, non
podendo recuperarse a parte da nota que se corresponde co traballo nas clases de
prácticas.

Plaxio:

En calquiera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun
cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente
da universidade.

Non Presentado:

Os e as estudantes que non concorran a Proba Obxetiva terán a calificación
de "Non Presentado".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes