Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  FÍSICA I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B2 Consta dunha proba parcial non eliminatorio a mediados do cuadrimestre e dunha proba final 90
Prácticas de laboratorio A2 B1 B2 B3 B7 C1 Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
 
Observacións avaliación

Realizarase unha proba obxectiva parcial non eliminatoria ao longo do cuadrimestre para a avaliación continua e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro.

A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas da totalidade do temario. A asistencia e realización das Prácticas de Laboratorio é obrigatoria só a primeira vez que o estudante se matricula da materia, sendo indispensable dita realización para a superación da materia. Unha vez aprobadas as prácticas, a cualificación obtida nas mesmas gardarase durante o tempo necesario ata que o estudante supere a totalidade da materia. Neste sentido, unha vez aprobadas as prácticas non é necesario volver facelas en convocatorias (cursos) posteriores, aínda que, se así o require, o estudante poderá volver realizar as prácticas coa súa consecuente cualificación, nese caso aplicarase para a avaliación da materia a última cualificación obtida nas prácticas. O peso na cualificación da nota de prácticas establécese na táboa. A nota final calcularase de acordo á seguinte fórmula:
0.1*PR+0.9*(0.4*T+0.6*PB)+0.1*PA
Sendo PR: Nota de prácticas; T: Nota de teoría do exame final; PB: Nota de problemas do exame final; PA: Nota do parcial en caso de ser maior ou igual a 5. No caso de que a nota do parcial sexa
inferior a 5 non se terá en conta na avaliación. Todas as notas calculadas sobre 10. A nota final máxima que se pode alcanzar na materia é un 10. Os criterios de avaliación na
2ª oportunidade e na convocatoria adiantada son os mesmos que os da 1ª
oportunidade. En caso de non ter realizadas as Prácticas de Laboratorio, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica NON ten dispensa académica de exención de asistencia para dicha prácticas, aínda que se lle darán
facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación. Os criterios
e actividades de avaliación para este alumnado serán os mesmos que para o resto
de alumnos e indícanse na táboa. A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a 2ª oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes