Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  INFORMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B2 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual na aula. En concreto, realizarase unha proba avaliable deste tipo durante o curso na aula de informática empregando o computador.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
SP: nota obtida na proba de resolución de exercicios na aula (15% da nota final).
15
Traballos tutelados A3 B2 B4 C1 C4 Resolución de traballos de programación de forma individual e autónoma, baixo a tutorización do profesor de prácticas correspondente. Será imprescindible entregalos en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota total obtida nos traballos tutelados (30% da nota final).
15
Proba mixta A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual, en ordenador ou por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PT: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
PP: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

  1. Que a nota na proba de programación (SP) máis a dos traballos tutelados (TT) sexa maior ou igual que 5.
  2. Que a nota na parte de teoría da proba mixta (PT) sexa maior ou igual que 5.
  3. Que a nota na parte de programación da proba mixta (PP) sexa maior ou igual que 5.

Se non se cumpren con todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:

  • NOTA FINAL = 0,4×PT + 0,3×PP + 0,15xSP + 0,15×TT
Notas sobre as actividades:
  • No caso dos alumnos matriculados a tempo parcial, ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados e da proba práctica á proba mixta. Igualmente cos alumnos que se presenten na convocatoria extraordinaria. Para isto, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
  • Os traballos tutelados e a proba práctica terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, mentras que a proba mixta terá dúas oportunidades. Por tanto, as notas obtidas durante o curso nos traballos tutelados e na proba práctica gárdanse para a segunda oportunidade, NON SENDO POSIBLE REPETILOS.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes