Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ÁLXEBRA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 C4 Consistirá nun exame escrito nel que se propondrán varios problemas ou cuestións teóricas de aplicación. 70
Solución de problemas B2 B6 B7 C1 C4 Consistirá nunha ou varias sesións na aula na que se resolverán varios problemas plantexados a partir dos coñecementos que se traballaron. 30
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade salvo para a resolución de problemas. A resolución de problemas na segunda oportunidade evaluarase mediante unha proba mixta. No caso de ter superado algunha das partes gardarase a calificación da mesma para a segunda oportunidade.

Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta.

Os alumnos con dispensa académica para asistir ás clases e que non participen na avaliación continua, serán calificados mediante unha proba mixta específica que realizarán o día fixado no calendario de exames.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes