Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ECUACIÓNS DIFERENCIAIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B6 B7 C1 Probas obxectivas que se realizarán durante o curso despois de verificar os traballos realizados polos alumnos. 20
Solución de problemas A1 B2 C1 C4 Consistirá en resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. 10
Proba mixta A1 B2 C4 Consistirá nun exame escrito de cinco ou mais problemas de aplicación. 70
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos cos da primeira oportunidade.  A solución de problemas e os traballos tutelados forman parte da avaliación continua. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá optar o 100% da nota mediante a realización das probas mixtas que se concreten durante o curso.

O alumnado que se presente a convocatoria adelantada poderá optar o 100% da nota mediante a realización dunha proba mixta.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes