Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  TECNOLOXÍAS DE FABRICACIÓN
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A15 B1 C1 A proba obxectiva consiste na superación dun exame final que engloba todos os contidos vistos ao longo do curso. Esíxese unha nota mínima de 4 sobre 10.
70
Traballos tutelados B1 B4 C1 Visita a unha empresa e recompilación de información sobre as tecnoloxías de fabricación empregadas no seu proceso produtivo. 30
 
Observacións avaliación

1. SITUACIÓNS

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

Asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75%:

a) Traballo tutelado: elaboración e presentación do traballo tutelado proposto (30%)

b) Proba mixta: exame escrito sobre os contidos da materia (70%)

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA

2.1 Obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.

2.2 Entregar e expor os traballos na data que se indique na planificación de actividades.

2.3 Segunda oportunidade e Convocatoria adiantada: mantéñense os criterios de avaliación correspondentes á primeira oportunidade.

PLAXIO: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes