Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B5 C4 Os traballos tutelados consistirán en problemas ou exercicios a resolver polo alumno xunto coa realización da memoria de prácticas. Unha vez superada a proba mixta, utilizarase a nota media dos traballos tutelados para obter a nota media ponderada final tanto da parte de Máquinas Térmicas como de Máquinas Hidráulicas. 30
Proba mixta B2 O alumno que aprobe algunhas das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia nas convocatorias do presente curso académico. 70
 
Observacións avaliación

A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes. Ademais, o exame de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha en Máquinas Hidráulicas e de 60% en problemas e 40% en teoría en Máquinas Térmicas, sendo necesario obter unha nota mínima de 3.5 en cada unha de de as partes para que se poida cualificar o exame. 

Na convocatoria da primeira oportunidade faranse dúas probas mixtas: unha ao finalizar a parte de máquinas térmicas e outra ao finalizar a parte de máquinas hidráulicas. Para superar a materia, será necesario aprobar ambas as probas e, no caso de aprobar só una delas, liberarase dita parte e gardarase a nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Na convocatoria de segunda oportunidade, examinarase da parte que non superou ou de ambas as partes, caso de ser necesario. 

As prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia.

Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores, nota mínima de 3,5/10 nas partes de teoría e problemas, e nota final igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 100%. 

Aqueles alumnos con dispensa académica, deberán realizar:

As prácticas de laboratorio. 

Os traballos tutelados. 

A proba mixta .

Con todo as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán acordar coas e os docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes