Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Avaliación dun traballo en grupo que ha de ser entregado e presentado polos alumnos. 30
Proba mixta B4 B5 Examen final da materia 70
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada

Para os alumnos tanto de primeira como de segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada.

O alumno que presentase e aprobase a parte de traballos tutelados pero non superase a materia poderá conservar a nota dos traballos tutelados só no curso inmediatamente posterior. O alumno pode decidir repetir o traballo, o que deberá ser comunicado ao comezo do curso aos profesores da materia.

Cualificación '"Non presentado"

Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da escola. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O sistema de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o seguinte: proba mixta (70%) e traballos tutelados (30%).

Información adicional

De acordo con o artigo 11, apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, o comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a avaliación supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final tanto na primeira como na segunda oportunidade e independentemente da oportunidade na que se cometese a falta.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes