Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  MÁQUINAS ELÉCTRICAS
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia na que se explica o contido da guía docente.
Sesión maxistral Explicación de contidos por parte do profesor.
Solución de problemas Os alumnos resolven problemas de cálculo propostos polo profesor.
Proba mixta Os estudantes enfróntanse a problemas e cuestións teóricas prácticas podendo algunhas ser de tipo test, que só puntúan de ter correcta a xustificación.

Realízanse dúas probas obxectivas de 2 h cada unha, unha parcial eliminatoria e unha oficial onde parte se pode eliminar aprobando a parcial. O total das probas obxectivas é sumando de peso do 60% da nota final.

A parcial eliminatoria será tras o primeiro bloque (tema 1, transformador) e é voluntaria.

Non pode aprobarse á materia sen ir ás probas oficiais e constará non presentado independentemente do alcanzado nas demais metodoloxías.
Prácticas a través de TIC Realizaranse en clase simulacións de resultados de prácticas en computador portatil (pódese solictar no centro para o día que se sinale) e pedirase en casos semellantes a subida da simulación en moodle.
Prácticas de laboratorio Realizaranse en clase simulacións de resultados de prácticas en computador portatil (pódese solictar no centro para o día que se sinale) e pedirase en casos semellantes a subida da simulación en moodle.

Non pode aprobarse a materia sen asistir e aprobar polo menos unha sesión de prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes