Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  Simulación de Procesos Industriais e Optimización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B5 B7 B9 La evaluación se hará en base a los trabajos realizados en las clases prácticas en clase así como los trabajos individuales en casa. Todos ellos se subirán a la plataforma Moodle. 100
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada

Para os alumnos tanto de primeira como de
segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado
na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada.

Para poder aprobar a materia, tanto na primera como na segunda
oportunidade de avaliación e na convocatoria adiantada, será preciso obter unha nota igual ou superior a 5
puntos sobre 10 nas prácticas a través de TIC.

Cualificación '"Non presentado"

Será
cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non presente as prácticas a través de TIC nos prazos dados polo profesor na respectiva convocatoria. Este
criterio aplicará tanto na primeira como na segunda
oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O
"Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa
situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC"
(Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e
8b).

Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a
avaliación será igual ao resto xa que as prácticas a través de TIC serán
completadas fora do horario de clases.

Información adicional

De acordo co artigo 11, apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, o comportamento fraudulento en cualquera dos
apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso
(0)" na avaliación final tanto na primeira como na segunda oportunidade e
independentemente da oportunidade na que se cometese a falta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes