Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.
Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.
As situacións especiais das/os estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e a convocatoria adiantada.
Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia.
BIM: A nota resultará da cualificación das prácticas correspondentes aos tres primeiros temas do contido da materia.
EDIFICIOS INTELIXENTES: A avaliación incluirá un traballo ("Traballos tutelados", 70%) e "Prácticas de laboratorio" (35%). Para a segunda oportunidade non haberá un segundo prazo de entrega de traballos.