Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Enfermaría
 Study programme competences


Type A Code Study programme competences Specific
  A1 Coñecemento da historia da profesión e capacidade para recoñecer os diversos roles, responsabilidades e funcións dunha enfermeira.
  A2 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar teorías de enfermaría e práctica enfermeira.
  A3 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ciencias básicas e da vida.
  A4 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ciencias sociais, do comportamento e da saúde.
  A5 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ética, lexislación e humanidades.
  A6 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar tecnoloxía e informática aos coidados da saúde.
  A7 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar resolución de problemas e toma de decisións.
  A8 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar principios de investigación e información.
  A9 Capacidade para recoñecer a ansiedade, o estrés e a depresión.
  A10 Capacidade para darse conta de que o benestar do paciente alcánzase a través da combinación de recursos e accións dos membros do equipo socio-sanitario de coidados.
  A11 Capacidade para valorar o risco e promocionar activamente o benestar e seguridade de toda a xente do entorno de traballo (incluída/os ela/es mesma/os).
  A12 Capacidade para educar, facilitar, apoiar e animar a saúde, o benestar e o confort das poboacións, comunidades, grupos e individuos cuxas vidas están afectadas pola mala saúde, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou a morte.
  A13 Capacidade para axustar o seu papel co obxecto de responder efectivamente as necesidades da poboación ou os pacientes. Cando sexa necesario e apropiado, ser capaz de desafiar os sistemas vixente para cubrir as necesidades da poboación e os pacientes.
  A14 Capacidade para emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos adecuados para o paciente, tendo en conta os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes.
  A15 Capacidade para recoñecer e interpretar signos normais ou cambiantes de saúde - mala saúde, sufrimento, incapacidade da persoa (valoración e diagnóstico).
  A16 Capacidade para responder as necesidades do paciente planificando, prestando servizos e avaliando os programas individualizados máis apropiados de atención xunto o paciente, seus coidadores e familias e outros traballadores sanitarios e sociais.
  A17 Capacidade para cuestionar, avaliar, interpretar e sintetizar criticamente un abanico de información e fontes de datos que faciliten a elección do paciente.
  A18 Capacidade de facer valer os xuízos clínicos para asegurar que se acadan os estándares de calidade e que a práctica se base na evidencia.
  A19 Capacidade para manter a dignidade, privacidade e confidencialidade do paciente (utilizando as habilidades...).
  A20 Capacidade para poñer en práctica principios de saúde e seguridade, incluídos a mobilización e manexo do paciente, control de infeccións, primeiros auxilios básicos e procedementos de emerxencia (utilizando as habilidades...).
  A21 Capacidade para administrar con seguridade fármacos e outras terapias (utilizando as habilidades...).
  A22 Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiáns (utilizando as habilidades...).
  A23 Capacidade para responder as necesidades persoais durante o ciclo vital e as experiencias de saúde ou enfermidade. Por ex, dolor, eleccións vitais, invalidez ou no proceso de morte inminente (utilizando as habilidades...).
  A24 Capacidade para informar, educar e supervisar a pacientes e coidadores as súas familias (utilizando as habilidades...).
  A25 Capacidade para unha comunicación efectiva (incluíndo o uso de tecnoloxías): con pacientes, familias e grupos sociais, incluídos aqueles con dificultades de comunicación.
  A26 Capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas preocupacións e intereses, e que poidan responder adecuadamente. Por ex, emocional, social, psicolóxica, espiritual ou fisicamente.
  A27 Capacidade para representar adecuadamente a perspectiva do paciente e actuar para evitar abusos.
  A28 Capacidade para usar adecuadamente as habilidades de consello (técnicas de comunicación para promover o benestar do paciente).
  A29 Capacidade para identificar e tratar comportamentos desafiantes.
  A30 Capacidade para dar apoio emocional e identificar cando son necesarios o consello dun especialista ou outras intervencións.
  A31 Capacidade para informar, rexistrar, documentar e derivar coidados utilizando tecnoloxías adecuadas.
  A32 Capacidade para dirixir e coordinar un equipo, delegando coidados adecuadamente.
  A33 Capacidade para traballar e comunicarse en colaboración e de forma efectiva con todo o persoal de apoio para priorizar e xestionar o tempo eficientemente mentres se alcanzan os estándares de calidade.
  A34 Utiliza criticamente as ferramentas de avaliación e auditoría do coidado segundo os estándares de calidade relevantes.
  A35 Dentro do contexto clínico, capacidade para educar, facilitar, supervisar e apoiar os estudantes de coidados da saúde e traballadores sociosanitarios.
  A36 É consciente dos principios de financiamento de coidados socio-sanitarios e usa os recursos eficientemente.
  A37 Capacidade para traballar nun contexto profesional, ético e de códigos reguladores e legais, recoñecendo e respondendo a dilemas e temas éticos ou morais na práctica diaria.
  A38 Capacidade para traballar dunha maneira holística, tolerante, sen axuizamentos, coidadosa e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos.
  A39 Capacidade para aceptar a responsabilidade da súa propia aprendizaxe e desenvolvemento profesional, utilizando a avaliación como medio para reflectir e mellorar a súa actuación e aumentar a calidade dos servizos prestados.
Type B Code Study programme competences Basic / General
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade socia como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Coñecer e apreciar a diversidade e multiculturalidade.
  B9 Fomento dunha 2ª lingua de interese para a profesión.
  B10 Desenvolver a capacidade de liderado.
  B11 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
  B12 Capacidade de xestión da información.
  B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
  B14 Implicación na calidade e procura da excelencia.
  B15 Sensibilidade cara temas medioambientais.
  B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
  B17 Capacidade de motivarse e motivar a outros.
  B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
  B20 Habilidade para traballar nun contexto internacional.
  B21 Habilidades interpersoais.
Type C Code Study programme competences Transversal / Nuclear
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes