Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Podoloxía
 Asignaturas
  Clínica Podolóxica Integrada II
   Competencias do título
Código Competencias do título
A11 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A12 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A13 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A14 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A15 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A16 Deseñar o plan da intervención integral ou tratamento podolóxico.
A17 Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos.
A23 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A25 Adquirir capacidade na xestión clínica dos servicios de podoloxía.
A27 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A36 Actuar en base ao cumprimento das obrigas deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B12 Capacidade de xestión da información.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes