Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Podoloxía
 Asignaturas
  Técnicas de Administración de Medicamentos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Os contidos teóricos da materia serán expostos a través de lección expositiva- participativa na aula. Con anterioridade os estudantes disporán dos PDF dos contidos na Facultade Virtual, o que permitirá traballar de forma cooperativa no alcance de obxectivos e na solución de dúbidas da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio faranse mediante "aprendizaxe práctico-reflexivo".
Primeiro os estudantes en grupos de 6 faran a práctica guiados e supervisados polo profesor, despois entrégaselle a cada grupo un DVD ca práctica perfecta.
En grupo deberán ir perfeccionando a execución da prática ca tutoría do profesor, ata acadar un nivel que lles permita superar unha evalución práctica en grupo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva final consistente nun examen tipo test (30 preguntas) de resposta única e 3 preguntas de resposta corta.
A proba estará elaborada co fin de valorar o dominio dos coñecementos de tipo teórico dos que dispón o estudante.
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante sesión maxistral participativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes