Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Durante o desenvolvemento da materia realizaranse dúas probas parciais e unha proba final (na data oficial do centro).
Realizarase un modelo de exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Na proba que corresponda incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo en grupo.
Sesión maxistral Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre as profesoras e o alumnado. A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo.
Obradoiro Aplicación de aprendizaxes na que combinaránse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc) a través da que ou alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre tecidos do corpo humano, microscopía e cultivo de microorganismos dirixidas, por exemplo, a demostrar a presenza da microbiota normal e os beneficios do lavado de mans. Unha parte desta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre as profesoras e o alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Realizarase un traballo colaborativo obrigatorio en grupos preferiblemente de seis integrantes. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica enfermeira da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases e anunciarase en Campus Virtual da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes