Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
20
Obradoiro A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. Os talleres valoraranse mediante a participación en todas as sesións e a presentación do caderno correspondente. 20
Sesión maxistral A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 O seguimento das clases maxistrais por medios informáticos de forma síncrona ou asíncrona por parte do alumnado valorarase mediante a súa participación en clase, a elaboración de resumos, e/ou a realización de probas obxectivas que serán comunicadas ao alumnado polo Campus Virtual. 20
Proba mixta A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos
o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febrero).
Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de
avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o
sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando
nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas
deseñadas para ou curso que computan na avaliación) ou a avaliación
mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO
FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para
a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con
ou sen dispensa académica) pode acollerse a este último sistema de
avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da
nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO
TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Proba mixta 40%
2.- Sesións maxistrais 20%
3.- Traballo tutelado 20%
4.- Obradoiro 20%

Avaliación
ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA
(aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con
matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para
alumnado con matrícula a tempo parcial):
1.- Proba mixta 100%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes