Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacología
   Contenidos
Tema Subtema
PRINCIPIOS XERAIS DA FARMACOLOXÍA CLÍNICA E DA UTILIZACIÓN DE MEDICAMENTOS 1.- Farmacoloxía: Conceptos básicos. As actividades e/ou divisións da farmacoloxía. A farmacoloxía orientada ao paciente e á comunidade. A responsabilidade actual de enfermaría no uso de medicamentos.

2.- Selección de medicamentos. Guías de medicamentos. Ficha técnica. Medicamento xenérico. O uso racional do medicamento. Adherencia ao tratamento. Información de medicamentos. Condicións de conservación dos medicamentos.


3.- Conceptos importantes en farmacocinética. Farmacocinética clínica. A farmacodinamia: mecanismos de acción. A administración de medicamentos: vías de administración e formas farmacéuticas.

4.- Situacións que modifican a resposta aos fármacos. Situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Administración e uso de medicamentos en insuficiencia renal, anciáns, pediatría, embarazo e lactación.

5.- O ensaio clínico controlado. Estudos de utilización de medicamentos. Farmacoeconomía.

6.- Os efectos indesexables dos medicamentos: concepto, clasificación, prevención e repercusións. Farmacovixilancia. Erros de medicación.

7.- Interaccións medicamentosas.
GRUPOS TERAPÉUTICOS DE MEDICAMENTOS 1.- Antiinfecciosos: Antibióticos, antifúnxicos, antivirais. Antisépticos. Desinfectantes. Política de antibióticos.

2.- Fármacos que actúan sobre o sistema nervioso autónomo.

3.- Dor. Analxésicos e antiinflamatorios. Analxésicos opiáceos. Tratamento da dor.

4.- Psicofármacos: hipnóticos-sedantes, antidepresivos, antipsicóticos. Fármacos para procesos neurolóxicos: antiparkinsonianos, anticonvulsivantes

5.- Fármacos activos sobre problemas cardiovasculares: Hipertensión, hiperlipidemias, insuficiencia cardíaca, cardiopatía isquémica.

6.- Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Medicamentos que actúan sobre o sistema endócrino: antidiabéticos.

7.- Medicamentos que actúan sobre o aparato dixestivo: antiácidos, antiulcerosos, laxantes. Medicamentos que actúan sobre o aparato respiratorio: mucolíticos, antitusígenos, broncodilatadores.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes