Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Puntúase a entrega das tarefas do/da alumno/a a través de Moodle e o resultado das probas realizadas. 20
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 B1 B2 B3 O/A alumno/a deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas (35). Para superar esta proba, e por tanto a asignatura, haberá que obter como mínimo un 5. 80
 
Observacións avaliación
Os seminarios u obradoiros se virtualizarán a través de la plataforma Moodle.

A proba de resposta múltiple realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade. Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta proba de resposta múltiple virtualizarase a través da plataforma Moodle cos mismos criterios de cualifación e na data e hora que consta no calendario oficial de exames da facultade.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.° 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
Considerarase non presentado aquel/aquela alumno/a que non asista ao exame final.

Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deben mandar un correo electrónico ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso. Neste caso, a avaliación dos obradoiros o seminarios realizarase pola entrega das tarefas propostas a través de Moodle. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

A avaliación de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios de  cualificación que para os de primeira oportunidade. Durante o segundo cuadrimestre terán a oportunidade de entregar as tarefas dos seminarios ou  obradoiros se non o fixeron durante o primeiro cuadrimestre. Durante o segundo cuadrimestre este alumnado poderá en poñerse en contacto co profesor (correo electrónico, foros e mensaxes de Moodle) para recibir atención personalizada: resolver dúbidas, ampliación de coñecementos, proposta de novas tarefas para reforzar contidos, etc.

Alumnos/as con segunda matrícula e posteriores: manteráselles a cualificación de cursos anteriores. Se o desexan pode realizar para a súa cualificación as tarefas propostas para este curso académico. Para a proba de resposta múltiple, seguiranse os criterios de avaliación propostos nesta guia.

Oportunidade adiantada: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes