Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades iniciais dirixidas a que o alumno dispoña de información organizada sobre a súa propia saúde e o seu estilo de vida, a fin de poder utilizala como unha liña de base sobre a que articular o proceso de ensino aprendizaxe.
Sesión maxistral Sesións utilizadas para introducir os novos temas ou subtemas, axudando ao alumno a articula-los en torno ao coñecemento do que xa dispón, poñendo atención nos aspectos claves do tema, como en aqueles de máis difícil comprensión, e nas mellores estratexias para aborda-los.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Lecturas Textos que permiten afondar nos contidos da materia, ou coñecer aspectos novidosos que non se atopan regularmente nos libros de referencia dos que dispomos.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Traballos tutelados Traballo dirixido a aprender o xeito en que se realizan determinados aspectos do coidado para a saúde ou cómo se utilizan os coñecementos, instrumentos ou ferramentas de que dispomos para facilitar o proceso.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Proba obxectiva Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc...
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes