Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os obxectivos da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, curtas, de asociación, etc.
Realizarase unha parte da proba obxectiva sobre os contidos relativos a: Demografía e estatísticas de poboación/Epidemiología xeral clínica. A esta parte asignaránselle 5 puntos (50% nota final)
Realizarase outra parte da proba obxectiva sobre os contidos relativos a: A saúde e os seus determinantes/Fundamentación teórica e xeneralidades da Saúde pública e a Enfermaría comunitaria. A esta parte asignaránselle 3 puntos (30% nota final).
A calificación obtida e única e aplicable só a oportunidade na que se realiza a proba.
80
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballo tutelado ao que se asignarán 2 puntos (20%) na nota final da materia, sendo condición necesaria para poder realizar o sumatorio da nota do exame e da nota do traballo, ter presentado o traballo e conseguir a metade da puntuación (1 punto). Na avaliación seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral. A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
20
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

O alumnado que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira e conservarase a puntuación do traballo tutelado en primeira oportunidade, ou acollerse a un sistema de avaliación de exame único onde cada parte dos contidos achegará o 50% da nota final. (Sen realizar o traballo tutelado).

O alumnado con matrícula a tempo parcial con o sin dispensa académica que lle exima da asistencia a clase poderá acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitar esta opción por escrito ao profesorado antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesorado poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos traballos tutelados. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, se pode convocar aos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes