Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os obxectivos da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, curtas, de asociación, etc.
Realizarase unha proba obxectiva sobre os contidos relativos a:
A saúde e os seus determinantes/Fundamentación teórica e xeneralidades da Saúde pública e a Enfermaría comunitaria 20%
Demografía e estatísticas de poboación/ Epidemioloxía xeral e clínica 30%
50
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballos tutelados individuais o grupais aos que se asignarán 5 puntos (50%) na nota final da materia. Na avaliación seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos e bibliografía.
A entrega dos traballos é obrigatoria.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
Valoraránse as tarefas e exercicios que se soliciten polo Campus Virtual nas siguientes proporcións:
Enfermaría comunitaria Lecturas 15%
Enfermaría comunitaria Prevención e Promoción 15%
Demografía e estatísticas de poboación/ Epidemioloxía xeral e clínica 20%
50
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

O alumnado que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira e conservarase a puntuación dos traballos tutelados en primeira oportunidade (Poderá presentar as actividades académicas
pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva), ou acollerse a un sistema de avaliación de exame único onde cada parte dos contidos achegará o 50% da nota final. (Sen realizar o traballo tutelado).

O alumnado con matrícula a tempo parcial con o sin dispensa académica que lle exima da asistencia a clase poderá acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitar esta opción por escrito ao profesorado antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesorado poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos traballos tutelados. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, se pode convocar aos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes